Antón Gómez-Reino recibe o alta ao dar negativo no test do Covid-19

Antón Gómez-Reino atende á prensa. ARQUIVO
O deputado de Galicia en Común dera positivo fai 19 días

O deputado de Galicia en Común no Congreso Antón Gómez-Reino recibiu a alta médica tras dar negativo na proba do coronavirus, enfermidade que lle foi diagnosticada o 15 de marzo.

Gómez-Reino efectuou o anuncio a través dunha mensaxe publicado na súa conta de Twitter: "Tras 19 días (sic) desde o meu positivo en Covid-19 e cun test negativo, acaban de darme a alta médica. Quero enviar todo o agarimo para as que máis están a sufrir. Dar inmensas grazas ás profesionais da Sanidade Pública. E ánimo a todas. Somos unha sociedade forte. Sairemos xuntas".

O tamén secretario xeral de Podemos Galicia, que fora designado candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas nas eleccións autonómicas que foron desconvocadas pola crise do coronavirus, garda corentena no seu domicilio desde o 12 de marzo, cando se confirmou o positivo da ministra de Igualdade e compañeira de partido Irene Montero.