Un aparatoso accidente en Betanzos sáldase con dous mozos ilesos e o coche no tellado dun alpendre

Danos ocasionados polo vehículo no tellado do garaxe. TVG

Os ocupantes do vehículo saíron polo seu propio pé

Dous mozos resultaron ilesos tras sufrir un accidente de tráfico en Betanzos. O condutor perdeu o control de vehículo e este foi a parar ao tellado dun alpendre. A pesar da aparatosidade do suceso, os dous ocupantes do coche puideron saír polo seu propio pé.

O accidente produciuse ao redor da 1.30 da madrugada deste venres, na estrada que vai de Sada a Betanzos, concretamente no lugar de Castro. O vehículo, un Audi A-3 saíuse da calzada e saíu voando cara ao tellado do garanje, arrincando uns vinte metros de valo polo camiño. 

Alertados polos veciños da zona, ata o lugar desprazáronse dúas patrullas da Garda Civil, unha da Policía Local, unha ambulancia e os bombeiros de Betanzos.  O condutor deu positivo no control de alcoholemia.