Aparece o cadáver dun home aboiando no mar en Fene
04 de agosto de 2019 (12:54 h.)
Investíganse as circunstancias da morte
O corpo sen vida dun home foi recuperado o sábado pola tarde cando flotaba na auga na zona de San Valentín, no municipio ferrolán de Fene.
O 112 recibiu un aviso da Policía Local ao redor das 20:30 horas e mobilizou a Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Ademais, solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Fene.
Finalmente, o corpo sen vida foi rescatado da auga por unha da embarcación mobilizadas. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.