Aparece morto un home en Bande nun incendio tras propagarse unha queima

O lume comezou ás tres e media e puido ser extinguido ás cinco menos dez e afectou a 0,7 hectáreas

Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
photo_camera Un membro da Garda Civil. EP

A Garda Civil investiga a morte dunha persoa como consecuencia dun incendio forestal que se rexistrou esta tarde na parroquia do Ribeiro, no municipio ourensán de Bande, durante a realización de unha queima nunha leira particular.

Segundo confirmou a Consellería de Medio Rural, os axentes descubriron "o cadáver" ao chegar ao lugar do incendio, que presumiblemente tivo a súa orixe nunha queima que se propagou rapidamente.

O incendio comezou ás tres e media e puido ser extinguido ás cinco menos dez e afectou a 0,7 hectáreas. Nos labores de extinción, participaron un axente, unha brigada e unha motobomba.

Preguntado a este respecto, o alcalde de Bande, José Antonio Armada, confirmou a Efe que un home faleceu no incendio, "que se orixinou por mor de unha queima que estaba "autorizada". Presuntamente, o vento que se levantou" facilitou a propagación do lume realizado nunhas leiras particulares.

A Garda Civil xa abriu unha investigación a fin esclarecer as causas da morte desta persoa.

Comentarios