Aparece morta en Sanxenxo unha quenlla peregrina de máis de tres metros de longo
22 de marzo de 2019 (18:39 h.)
Foi achado enredado nos aparellos dun pesqueiro
Unha quenlla peregrina foi atopada morta na praia de Canelas, en Sanxenxo.
O animal, duns 3,5 metros de lonxitude e 250 quilos de peso, apareceu este venres enredado nos aparellos do pesqueiro Nuevo Vendaval.
Os restos da quenlla atópanse no pantalán do Porto de Sanxenxo á espera de que o Cemma analice este sábado o cadáver para determinar as causas da morte.