A fachada da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona foi diana dun novo acto vandálico, o cuarto nas últimas semanas, por parte de independentistas radicais. O edificio, que acolle o histórico centro cultural e un restaurante, amenceu o 1 de xaneiro con varias pintadas con mensaxes ameazantes en catalán como "Fuck nazis", "fascistas de merda", "fillos de puta" ou "cuarto aviso". Tamén apareceron debuxados varios penes.
A portavoz de Ciutadans no Parlament, Lorena Roldán, denunciou este xoves o ataque e anunciou que pedirá aos grupos parlamentarios cataláns que o condenen. O centro galego Saudade acolleu nos últimos meses varios actos de Cs, entre eles un encabezado por Albert Rivera. Na agrupación tamén houbo actos do PP.
“Fascistas de mierda, 4º aviso”
— Lorena Roldán (@Lroldansu) January 2, 2020
Así ha amanecido el centro gallego de Horta, solo por acoger allí un acto de Cs. El acoso de los totalitarios separatistas es asfixiante e intolerable.
Vamos a pedir la condena de este ataque en el Parlament. Veremos quién ampara a los radicales. https://t.co/2LsC0lWBXw
Empieza 2020 igual que terminó 2019, los que se las dan de demócratas y pacifistas demostrando lo que son con hechos: amenazas, insultos, machismo, en fin, la revolució dels somriures en toda su extensión.
Todo nuestro apoyo a la Agrupación Cultural Gallega Saudade#Seguimos#HG7 https://t.co/K46EId4lfD— Cs Horta-Guinardó (@CsHortaGuinardo) January 2, 2020