Arde un camión de feira cando circulaba pola AP-9 

Un menor sufriu unha leve lesión ao tratar de baixar do vehículo incendiado

Un camión de feira sufriu un incendio na parte traseira cando circulaba pola autoestrada AP-9, en dirección á Coruña, ao redor das 4.30 horas da madrugada deste domingo, segundo informou o CIAE 112 Galicia. 

O servizo de urxencias indicou que o lume se orixinou no vehículo cando circulaba á altura do quilómetro 152. Debido ao incendio, tivo que ser atendido un menor, que sufriu unha leve lesión ao tratar de baixar do camión incendiado. 

Tras recibir a chamada de alerta, o persoal do 112 solicitou a colaboración dos Bombeiros de Vigo e dos servizos sanitarios de urxencia para atender ao neno.