Arde un coche en Ourense coa súa condutora no interior
03 de septiembre de 2019 (15:49 h.)
O vehículo no que viaxaba a muller, que resultou ferida, chocou contra un farol
Unha muller resultou ferida na mañá deste martes na cidade de Ourense logo de chocar contra un farol co seu vehículo, que comezou a arder.
O suceso produciu unha gran alarma na cidade, dado que o vehículo comezou a arder coa muller dentro, segundo alertaron as testemuñas a urxencias.
Foi a intervención de varias persoas particulares a que evitou que as chamas avanzasen polo vehículo, empregando extintores. Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Ourense e a Policía Local.
Fontes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron a Europa Press que a ocupante do turismo foi trasladada por unha ambulancia asistencial ata o Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).