jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Arde unha habitación en Barro debido a un patinete eléctrico que se estaba cargando

As tarefas de extinción do lume e ventilación do fume xa concluíron

Un patinete eléctrico que se estaba cargando orixinou durante a tarde do luns un incendio nun piso dun inmoble situado na Rúa das Baladas, en Barro. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu unha habitación da vivenda por completo e o fume afectou ao resto da casa, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio preto das 19:10 horas. Segundo comunicaban na súa chamada, descoñecían se había algunha persoa no interior da casa.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ribadumia, Pontevedra e Vilagarcía, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de Protección Civil da localidade.

As tarefas de extinción do lume e ventilación do fume concluíron ao fío das 20:30 horas.

Arde unha habitación en Barro debido a un patinete eléctrico que se...