Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

Asunción Morgade secunda a folga "por decisión libre, a favor da igualdade"

A rexedora de Rairiz de Veiga foi a única da provincia que non acudiu a traballar facéndose eco da declaración institucional apoiada por todos os partidos

A alcaldesa de Rairiz de Veiga (Ourense), Asunción Morgade, secundou a folga de 24 horas, segundo defendeu, "por decisión libre, a favor da igualdade". 

En Ourense, máis de 3.000 persoas saíron ás rúas en apoio á folga feminista horas antes de que se produza a manifestación oficial, prevista para as 20,00 horas.  

Dos oito traballadores cos que conta Rairiz de Veiga, o único home foi o encargado de manter abertas as instalacións municipais. "As sete mulleres decidimos secundar a folga de 24 horas", explicou a alcaldesa. 

A rexedora explicou que foi "unha decisión persoal e libre" na que coincidiron todas as traballadoras do Concello e que ela decidiu apoiar porque considera que "hoxe é o día para reclamar a igualdade" entre mulleres e homes. 

Foi a única alcaldesa da provincia que non acudiu a traballar facéndose eco da declaración institucional apoiada por todos os partidos con presenza na Deputación de Ourense, o pasado 23 de febreiro, que animaba aos traballadores do ente provincial a secundar a convocatoria de paros laborais e mobilizacións" ao longo do 8M.

Asunción Morgade secunda a folga "por decisión libre, a favor da...