Atendida unha muller por inhalación de fume tras un incendio nunha cociña na Coruña
19 de diciembre de 2019 (21:59 h.)
Unha muller resultou afectada este xoves polo fume que xerou un incendio declarado na cociña dunha vivenda da Coruña. O suceso ocorreu sobre as 13.20 horas na rúa José Careaga.
Un particular contactou coa central do 112 Galicia para alertar do incendio, o que levou a mobilizar os Bombeiros da Coruña e a Policía Local. Tamén acudiron ao lugar os servizos sanitarios para atender a muller, que tivo que ser trasladada.