Atendido un home afectado por un incendio nunha vivenda en Trazo

Outro lume calcinou por completo unha casa no Bolo

Os servizos sanitarios de urxencia asistiron na madrugada deste sábado a un home afectado por un incendio nunha vivenda do termo municipal coruñés de Trazo.

O suceso ocorreu preto das 6:30 horas no lugar de Mirallada, no citado concello, informou a Axencia das Emerxencias de Galicia.

Segundo indicaron os profesionais sanitarios, as lesións que presentaba o ferido eran de escasa importancia e descartaron trasladalo a un centro hospitalario.

Ao parecer, foi un veciño quen o sacou da casa cando comezou o lume.

LUME NO BOLO. Tamén no municipio ourensán do Bolo ardeu unha vivenda por completo.

Os bombeiros de Valdeorras explicaron que se trata dunha casa deshabitada e illada, polo que non houbo risco nin para as persoas nin para outras vivendas.

Comentarios