Un atropelo este luns de madrugada saldouse cunha persoa ferida no lugar das Aceñas, na Illa de Arousa.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 4.30 horas. Segundo a información recibida, o condutor do coche implicado continuou a marcha logo de producirse o accidente, a pesar de que a persoa ferida necesitaba asistencia médica.
Ata o lugar dos feitos dirixíronse os servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil de Cambados. Tamén foron avisados os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, por precaución.
O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés.