Un atuneiro vigués afúndese no Atlántico con tripulantes galegos a bordo
16 de febrero de 2020 (15:22 h.)
Todos los marineros fueron rescatados y están a salvo
Un atuneiro con base en Vigo, o Albacora 6, afundiuse este sábado pola tarde en augas do Atlántico. A bordo do barco, que leva bandeira de Curaçãou, viaxaban tripulantes galegos.
O naufraxio produciuse en Costa do Marfil. As causas do afundimento están a investigarse, pero todo apunta a que sufriu unha vía de auga. Foi un barco da mesma compañía, o Kurtzio, o que axudou os mariñeiros a porse a salvo.
As primeiras informacións apuntan a que o incidente se salvou sen vítimas mortais.