Un autobús con case 50 persoas a bordo choca cun camión na AP-9

Ocorreu en Oroso e, afortunadamente, todos os implicados resultaron ilesos

Una imagen de archivo de la Guardia Civil de Tráfico. AEP
photo_camera Unha imaxe de arquivo da Garda Civil de Tráfico. AEP

O aparatoso accidente entre un autobús con medio centenar de persoas a bordo e un camión saldouse este martes sen feridos. A colisión produciuse na AP-9, no punto quilométrico 56,000, ao seu paso polo municipio de Oroso. Por fortuna, nin os pasaxeiros nin os condutores sufriron danos persoais.

Foi ao fío das 18.45 horas cando un particular contactou co 112 Galicia para informar o choque, no que estaba implicado un autobús con 47 estudantes con idades comprendidas entre os 14 e os 15 anos. Deseguido se deu aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.