Baixan os novos contaxios en Galicia pero seguen aumentando os hospitalizados

Cribado en A Coruña. CABALAR
photo_camera Cribado na Coruña. CABALAR

A cifra de novos contaxios pola covid-19 en Galicia suma dúas xornadas de descenso, con 161 menos nas últimas 24 horas, despois do lixeiro repunte do xoves, aínda que segue aumentando o número de hospitalizados, sobre todo en planta, mentres hai catro pacientes máis en Uci. 

Segundo os últimos datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), correspondentes ás 18 horas de onte sábado, o número de novos contaxios é 1.331, 161 menos que no balance anterior, dos que 1.185 foron confirmados por PCR. Isto eleva a cifra de pacientes con infección activa a 22.608, 97 máis. 

Tamén aumentou o número de hospitalizados ata os 1.362, o que supón 50 máis, sobre todo polos pacientes en planta, que son agora 1.130, 46 máis que o venres. Ademais, un total de 232 están na UCI, catro máis. 

O número de falecidos pola covid-19 en Galicia ascende xa a 1.761, tras as nove mortes notificadas o sábado polo Sergas. 

Nas últimas 24 horas recibiron o alta 1.225 pacientes, fronte aos 1.072 do día anterior, co que a cifra total de curados ascende a 72.756 e o número total de contaxiados en Galicia polo coronavirus é xa de 97.112. 

En canto á taxa de positividade das probas PCR sobe lixeiramente ata o 9,6% fronte ao 9,4% do venres, logo das 12.580 probas realizadas, 1.310 menos que na xornada anterior. 

Por áreas sanitarias, reduciuse o número de casos activos en Santiago ata os 3.425, 20 menos, tras os 137 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 72 menos que na xornada anterior. 

Tamén baixou a incidencia acumulada, do mesmo xeito que o venres, nas áreas de Ferrol e Ourense, con 1.779 e 2.949 casos activos, 8 menos e 14 menos que na xornada anterior, respectivamente. 

En Ferrol confirmáronse 88 casos por PCR, 38 menos que o día anterior, mentres que en Ourense foron 142, 46 máis. 

A de Pontevedra é a área na que máis se incrementou a incidencia ata os 2.455 casos, 90 máis que no día anterior; tras 148 PCR positivas, 24 menos. 

Pero a área sanitaria de A Coruña segue sendo a que conta con máis pacientes con infección activa, un total de 6.020, 36 máis, logo de 293 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 42 máis. 

Séguelle a área de Vigo, con 3.851 casos activos, 5 máis, e 261 PCR positivas, 25 máis; a de Santiago e a de Ourense, e en quinto lugar, Pontevedra

En Galicia contaxiáronse por coronavirus ata o momento un total de 97.112 persoas, das cales faleceron 1.761 e recuperáronse 72.726. 

Desde o inicio da urxencia sanitaria realizáronse en Galicia 1.410.559 probas PCR e 522.429 serolóxicas. 

Comentarios