martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

Baleares, Castela e León e A Rioxa entran na lista de rexistro obrigatorio de viaxeiros

Viaxeiros nun aeroporto. EFE/Enric Fontcuberta
Viaxeiros nun aeroporto. EFE/Enric Fontcuberta
A listaxe elimina a comunicación para os viaxeiros de Estados Unidos, pero incorpora Andorra ou Xibraltar 

A Xunta incorporou a Baleares, Castela e León e A Rioxa ao listado de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego e que se suman aos procedentes de Aragón, Madrid, Navarra e País Vasco

Así o recolle unha resolución publicada na tarde deste xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que actualiza a listaxe de países e comunidades autónomas consideradas de alta "incidencia" de Covid en comparación con Galicia. 

Nesta ocasión, da listaxe non se suprime ningunha rexión española, se non que se incrementan as de obrigada comunicación con tres máis, ata sete. 

Ademais, entre as novidades, Sanidade incorpora a obrigación de comunicación en Europa aos viaxeiros procedentes de Andorra e Xibraltar, que se suman a Kósovo e Acerbaixán. Xa non terán que facelo os que estean en Illas Feroe. 

Do mesmo xeito, deben cumprimentar ese rexistro os viaxeiros procedentes de calquera país africano, e os que cheguen de certos países do continente americano. Neste último caso, da listaxe sae Estados Unidos, cuxos viaxeiros xa non deben polo en coñecemento da Xunta, e incorpóranse Bahamas e Costa Rica. 

Finalmente, deberán rexistrarse as persoas que cheguen a Galicia e estean nas semanas anteriores en certos países asiáticos, como India, Irán, Iraq, Palestina, Filipinas, Siria, Tailandia ou Vietnam, entre outros, dado que este apartado da listaxe non experimenta cambios. 

A Xunta implantou a obrigación de rexistro de visitantes desde finais do mes de xullo e a listaxe de rexións e países considerados de alta incidencia de coronavirus foise actualizando. De feito, o pasado 5 de agosto publicouse unha resolución na que se eliminaba desa listaxe a Portugal e á comunidade autónoma da Rioxa –que agora volve incorporarse–, e incluíase Madrid. O 19 de agosto eliminouse desta listaxe a Cataluña.

Baleares, Castela e León e A Rioxa entran na lista de rexistro...
comentarios