Barreiro acepta dirixir a comisión de Ciencia e Universidades do Senado

O lucense foi portavoz dos populares na citada Cámara ata o desembarco de Casado na dirección do PP

photo_camera Barreiro, no Senado. AG

O portavoz adxunto do PP no Senado, o galego José Manuel Barreiro, e o senador andaluz Antonio Sanz asumen desde esta semana respectivamente a presidencia da comisión de Ciencia e a de Interior do Senado, cargos nos que os sitúa a nova dirección do PP na Cámara Alta que dirixe Ignacio Cosidó. Ambos foron partidarios da candidatura de Soraya Sáenz de Santamaría nas pasadas primarias 'populares', en cuxo equipo de dirección traballou Antonio Sanz. 

O senador andaluz será elixido este mércores. Sanz chegou á Cámara Alta o pasado mes de xullo como senador autonómico, elixido polo Parlamento andaluz, ao deixar a Delegación do Goberno en Andalucía tras a moción de censura contra o Goberno de Mariano Rajoy. 

Nas primarias, Antonio Sanz formou parte do equipo de campaña de Sáenz de Santamaría, mentres que Barreiro apostou por que ao congreso extraordinario de xullo se presentase unha candidatura de consenso encabezada pola exvicepresidenta, non por Casado, posto que ela quedara por diante na primeira rolda das primarias. 

A comisión que presidirá Barreiro, a de Ciencia, Innovación e Universidades, acaba de constituirse de acordo coa novo organigrama do Goberno. En canto ao posto de Antonio Sanz, é o que ocupaba o tesoureiro do PP, Sebastián González, que pasa a ser vicepresidente primeiro da comisión de Orzamentos. 

Comentarios