Barrio invita o Papa a visitar Galicia en 2021 polo Ano Santo

Julián Barrio, arcebispo de Santiago. A.V
O arcebispo de Santiago asegura que a invitación debe partir tamén do presidente do Goberno
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, revelou este martes que invitou "formalmente" ao Papa a visitar Galicia no Ano Santo, pero que a invitación ten que partir tamén "do presidente do Goberno, porque ten que vir tamén como xefe de Estado do Vaticano". "Nós fixemos os deberes, faltan outros", resolveu.