Un begontés recolle un cogomelo de 1.650 gramos

Carlos Ares, co cogomelo. JAMY CURRAL

Carlos Ares, veciño de Baamonde, localizou un exemplar de boletus edulis na zona de San Alberte

A Carlos Ares, veciño da parroquia begontesa de Baamonde, gústalle recoller cogomelos, un costume recompensado este martes cun exemplar de exposición dunha variedade que ademais é comestible.

Nun paseo polos montes da zona do San Alberte, no límite entre Guitiriz e Begonte, atopouse cun boletus edulis que alcanzou os 1.650 gramos de peso. Un bo aliciente para manter viva a afección micolóxica.