Boris Johnson di que vilas galegas teñen mellor internet que cidades británicas
O candidato a primeiro ministro asegura que o 85% das vivendas españolas teñen conexión de alta velocidade mentres só o 7% das británicas a ten
O candidato conservador a suceder a Theresa May, Boris Johnson, asegura nunha columna no diario Daily Telegraph que o rural galego ten mellor conexión que moitas cidades británicas.
Johnson, dedicou este luns un artigo a destacar a profunda fenda dixital que, segundo el, se produce no Reino Unido. Nel, asegura que o 85% por cento das vivendas españolas teñen conexión de alta velocidade, mentres que nas illas, só chega este tipo de conexión ao 7% das casas.
No artigo, recollido tamén parcialmente no diario The Guardian