A borrasca Dora trae neve, choiva e moito frío
O temporal invernal Dora xa está en Galicia. Desde este xoves e durante toda a fin de semana, esta borrasca traerá á comunidade fortes ventos, choivas copiosas e incluso neve en cotas baixas. De feito, este venres podería nevar aos 500 metros nas zonas máis orientais de Lugo e Ourense. O sábado a cota subirá ata
[A previsión para este venres. METEOGALICIA]
Se a neve e a choiva serán protagonistas en terra, no mar haberá ata o
[A previsión para este sábado. METEOGALICIA]
As alertas tamén se sucederán no interior da comunidade, aínda que serán amarelas por acumulación de neve en zonas do interior de Lugo, Ourense e Pontevedra que poderían ser superiores aos cinco centímetros o sábado.
Nas cidades, as mínimas oscilarán entre o 1ºC previsto en Lugo aos 8ºC da Coruña, mentres que as máximas non superarán os 5ºC na cidade amurallada e serán algo máis benévolas nas cidades atlánticas, con picos de ata 12ºC en Vigo e de 11º en Pontevedra, A Coruña e Ferrol.