Blanco recoñece "un 25% de culpa" na suba da AP-9 e o PP expresa a súa "satisfacción"

Segundo o eurodeputado socialista, o resto da suba é "imputable" ás actualizacións do IPC tras a prórroga da concesión aprobada polo goberno de Aznar, e ao acordo alcanzado polo goberno de Rajoy con Audasa para compensar as bonificacións das viaxes entre Vigo e Pontevedra. 

José Blanco, eurodiputado del PSdeG-PSOE y exministro de Fomento.XOÁN REY
photo_camera José Blanco, eurodeputado do PSDEG-PSOE e ex-ministro de Fomento. XOÁN REY

O PPdeG expresou este venres a súa "satisfacción" porque o ex.ministro socialista de Fomento, José Blanco, "recoñece finalmente a súa responsabilidade na operación ruinosa que foi para os galegos o convenio asinado en 2011" entre Fomento e Audasa, que establecía compensar o investimento da empresa nas obras de ampliación da AP-9 a través dun incremento tarifario. 

O portavoz de Infraestruturas do grupo popular, Martín Fernández Prado, recordou que ese acordo asinado por Blanco autorizaba "unha suba acumulativa do 1 por cento durante 20 anos para Audasa, ademais de que o Estado abonaría un interese fixo anual do 8 por cento polo custo das obras". 

O PPdeG referiuse a esa decisión adoptada por un Goberno socialista e rubricada por José Blanco, quen este venres e a preguntas dos medios, asumiu a súa responsabilidade na subida do prezo das peaxes, aínda que precisou que a súa decisión supuxo un 25 por cento do incremento total. O resto, puntualizou o socialista, é "imputable" ás actualizacións do IPC tras a prórroga da concesión aprobada polo goberno de Aznar, e ao acordo alcanzado polo goberno de Rajoy con Audasa para compensar as bonificacións das viaxes entre Vigo e Pontevedra. 

No entanto, o PPdeG sinalou que o convenio asinado por Blanco coa concesionaria "está a pór aos galegos nunha situación de tarifas inasumibles", e defendeu que esa decisión "contrasta coa adoptada polo goberno de Mariano Rajoy para liberar a peaxe de volta entre Vigo e Pontevedra, repercutindo ese custo só durante 3 anos no conxunto do percorrido entre Tui e Ferrol". 

Segundo sinalou Fernández Prado, "isto é unha mostra de solidarizar unha peaxe, algo que xa existe noutros tramos da AP-9, non supón beneficio algún para a empresa concesionaria e limítase no tempo a só

Martín Fernández apuntou que, "unha vez que recoñeceron publicamente a súa culpa" na subida de tarifas, "é de esperar que o Goberno socialista cumpra os compromisos asumidos polo Goberno do PP en relación coa AP-9", como a supresión da peaxe en Redondela.

CAMBIO DE POSTURA
Por outra banda, os populares afearon ao PSOE que, agora que está no goberno, cambiase "de postura" e, lonxe de reclamar a reversión das subidas tarifarias, defenda a "consolidación" dese incremento do prezo das peaxes. "Rexeitando incluso a proposta de afrontar esa subida con cargo aos Orzamentos Xerais", engadiu o portavoz de Infraestruturas. 

Martín Fernández apuntou que, "unha vez que recoñeceron publicamente a súa culpa" na subida de tarifas, "é de esperar que o Goberno socialista cumpra os compromisos asumidos polo Goberno do PP en relación coa AP-9", como a supresión da peaxe en Redondela.

Comentarios