Un brote de orixe familiar afecta a 10 persoas no concello de O Saviñao

Probas de Covid nun centro de saúde. VITORIA RODRÍGUEZ
O primeiro positivo detectouse o venres e, ao facerlle as probas aos seus contactos estreitos, detectáronse outros nove infectados

Un brote de orixe familiar suma 10 positivos por coronavirus no concello do Saviñao, segundo informaron este sábado fontes sanitarias.  O primeiro dos positivos coñeceuse este venres e, ao rastrexarse e facerse probas aos contactos estreitos, detectáronse este sábado outros nove casos en persoas con lazos familiares. 

As mesmas fontes indicaron que todos os afectados están en corentena no seu domicilio, segundo marca o protocolo. 

POSIBLE IMPORTADO. Segundo indicou o venres o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, antes de coñecer máis detalles do brote, o positivo do venres trataríase dunha persoa procedente de fóra de Galicia. O rexedor mostrábase cauto e á espera de recibir máis datos do Sergas de face á posibilidade de tomar algunha medida "se fose necesario".