O brote vinculado con dúas reunións dun grupo de mozos na área de Vigo suma 23 casos
04 de septiembre de 2020 (13:46 h.)
Se han confirmado ocho nuevos contagios en las últimas horas
O brote de Covid-19 vinculado con dúas reunións dun grupo de mozos na área de Vigo segue crecendo e xa suma 23 casos, tras confirmarse 8 novos contagios nas últimas horas.
Segundo informaron fontes sanitarias, este foco de coronavirus está relacionado con dúas reunións en domicilios particulares de Vigo e da zona do Val Miñor, nas que participou un mesmo grupo duns 20 mozos.
Nas últimas horas, Sanidade confirmaba que se detectaron 15 casos de Covid-19 entre os rapaces, os seus contactos e os seus familiares, e que se iniciou un cribado para localizar outros posibles afectados.
As primeiras probas xa desvelaron que hai outras 8 persoas afectadas, cos que o número de casos do brote elévase a 23, unha cifra que probablemente siga aumentando.