Buscan ao autor da morte dunha cachorra de tres meses en Oia

A cachorra agredida en Oia. FACEBOOK

O dono da cadela solicita colaboración para atopar a persoa que supostamente acabou a golpes coa vida do animal

O dono dunha cachorra de tres meses denunciou en redes sociais que alguén acabou a golpes coa vida da cadela, de raza mastín, que se atopaba nunha leira pechada en Santa María de Oia. 

A suposta agresión, que provocou a morte de Thai, produciuse entre a noite do sábado e a mañá do domingo, momento no que o seu propietario a atopou convalecente.