Localizar un coitelo e a dúas presuntas testemuñas cuxa declaración podería ser clave. Ao parecer, estes serían os obxectivos nos que se está a centrar a Policía Nacional para intentar esclarecer a morte da muller de mediana idade que era localizada na noite do venres sen vida e con signos de violencia na súa vivenda da Rúa Ferradura de Lugo.
O caso está baixo segredo de sumario e está sendo levado polo xulgado de instrución número dous de Lugo
Os investigadores traballan con todas as hipóteses salvo a do roubo, xa que a porta da vivenda non estaba forzada. Non descartan ningunha posibilidade, como que poida tratarse dunha agresión ou dun suicidio.
A Policía recibiu o aviso ao redor das dez da noite do venres por parte da nai da vítima. O caso está baixo segredo de sumario e está sendo levado polo xulgado de instrución número dous de Lugo.
Axentes do citado corpo xa tomaron declaración a veciños, familiares e achegados da vítima para avanzar nas pescudas.