Buscan a unha lalinense de 16 anos desaparecida desde o venres en Santiago
12 de agosto de 2019 (13:44 h.)
Mide 1,50 de estatura, pesa 58 quilos e ten o pelo e os ollos de cor castaña
Unha menor de 16 anos, Alondra A.G., permanece desaparecida desde o pasado venres, segundo informa a organización SOS Desaparecidos en redes sociais.
En concreto, a moza, de Lalín, desapareceu o venres en Santiago de Compostela, sen que polo momento se teñan noticias do seu paradoiro.
Trátase dunah menor que mide 1,50 de estatura, pesa 58 quilos e ten o cabelo e os ollos de cor castaña. Da investigación encárgase o Corpo Nacional de Policía.