Localizan á muller de 33 anos desaparecida en Vigo desde o venres da semana pasada
30 de octubre de 2020 (13:49 h.)
A denuncia interpúxoa a súa avoa, coa que reside
Iria Rodríguez Vila, unha viguesa de 33 anos que levaba desaparecida desde o pasado venres, 23 de outubro, foi localizada na tarde deste venres.
A Policía Nacional mantiña activado un dispositivo de procura. Segundo informan fontes oficiais, a denuncia interpúxoa este xoves a súa avoa, coa que residía na cidade olívica, despois de que non volvese a casa tras saír dun centro educativo.
A investigación, de acordo coas mesmas fontes, tratou de pescudar se a muller puido dirixirse á casa duns amigos antes de que se lle perdese a pista.
SOS Desparecidos alertou de que a muller xa fora localizada.