Localizado en bo estado o octoxenario con demencia desaparecido en Porto do Son
01 de enero de 2020 (19:31 h.)
O home foi visto por última vez na serra de Barbanza
O octoxenario desaparecido en Porto do Son foi localizado san e salvo. A Garda Civil buscou durante este mércores a Ricardo Aguiar, de 89 anos, que se desorientara porque padece demencia. O operativo de procura viuse complicado pola néboa e as "mínimas condicións de visibilidade", pero finalmente apareceu en perfecto estado.
Doutra banda, Sos Desaparecidos mantén activa a alerta para localizar outro home, Carlos Daniel Olivera Milán, de 40 anos e 1,80 de estatura. Vive nunha camioneta amarela Citroën Jumper Furgón. Perdéuselle a pista o 29 de decembro en Ourense.