Buscan unha persoa arrastrada pola corrente no río Miño
25 de julio de 2018 (22:06 h.)
Varios veciños alertaron de que unha persoa se atopaba en apertos no río, ao seu paso por Ourense
Os servizos de urxencias buscan unha persoa que foi vista en apertos no río Miño ao seu paso por Ourense. Según indica o servizo 112 Galicia, sobre as 17.30 horas da tarde deste mércores a central do servizo de urxencias comezou a recibir chamadas de veciños que alertaban de que unha persoa parecía arrastrada pola corrente do río.
Con esta información foron alertados os profesionais do servizo de urxencias 061, así como os bombeiros e voluntarios de Protección Civil.