Buscan ao presunto autor dunha agresión sexual en Cambre

Un vehículo da Garda Civil.

Ao fío das 19.00 horas deste martes, un home de mediana idade intentou agredir á vítima, rompéndolle a parte superior da roupa

As Forzas e Corpos de Seguridade de Estado buscan ao presunto autor dunha agresión sexual rexistrada na tarde deste martes en Cambre (A Coruña), segundo confirmaron este mércores a Efe fontes da investigación.

Os feitos sucederon ao fío das 19.00 horas, cando un home de mediana idade intentou agredir sexualmente á vítima, rompéndolle a parte superior da roupa.

As mesmas fontes informaron de que a vítima puido zafarse do seu presunto agresor e fuxir, denunciando os feitos ante a Garda Civil.

Segundo a investigación, a agresión saldouse con lesións leves no pescozo da vítima.