O atropelo dun can en Palas deixou este xoves unha impactante imaxe, ao quedar o animal incrustado no frontal do coche. Ocorreu ás 9.30 horas no quilómetro 10,200 da Lu-221, a estrada que une Monterroso con Palas de Reis. Afortunadamente, o can sobreviviu ao impacto. Segundo transcendeu, só rompeu unha pata.
O can foi trasladado a unha clínica veterinaria.