Un cangués ataca cunha machada os axentes que o denunciaron por non usar máscara

Tramo da rúa Longán, en Cangas. GSV
Fixeron falta varias dotacións da Garda Civil para reducir ao home

Un veciño de Cangas protagonizou un perigoso altercado durante a madrugada deste sábado ao encararse con axentes da Garda Civil armado cun machada.

O suceso tivo lugar na canguesa rúa Longán, cando o home foi identificado e denunciado por membros do Instituto Armado ao ir estar na rúa sen levar posta a máscara, obrigatoria en calquera espazo público de Galicia desde o pasado 19 de xullo.

Ao pouco tempo, o home volveu ao lugar portando nas súas mans unha machada e facendo uso dela para golpear a porta dunha fábrica da zona á vez que se encaraba contra os gardas civís.

Ante estes feitos, os propios axentes solicitaron o reforzo de varias patrullas, que axudaron a reducir e deter ao agresor.