Carmen Pampín, reelixida presidenta de Bioga

Continuará á fronte da entidade ata 2021

La junta directiva de Bioga hasta 2021. EP
photo_camera A xunta directiva de Bioga ata 2021. EP

As empresas biotecnolóxicas de Galicia reelixiron a Carmen Pampín como presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) polo que continuará á fronte ata 2021. Doutora en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Pampín é conselleira delegada e fundadora de GalChimia, e preside Bioga desde que se puxo en marcha en 2010.

A nova xunta directiva de Bioga complétase con Daniel Fernández (director xeral de Qubiotech), que exercerá as funcións de vicepresidente; José Manuel Santamaría (xestor de Oncostellae), que será secretario, e Pierre Catignol (director xeral de Lonza Biologics Porriño), como vocal. Como xerente figura Loli Pereiro, informou este martes o Clúster nun comunicado.

A XIV Asemblea Xeral Ordinaria de Bioga, ademais de aprobar as contas anuais, fixo balance de 2018 e presentou aos seus socios a estratexia para 2019. Bioga, xunto cos Poctep Transfronteirizos CTBIO e Código Máis, refórzase con novos proxectos e actividades aliñadas coa Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 impulsada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación.

As cinco áreas de traballo son: desenvolvemento de negocio e mellora competitiva, formación, internacionalización, financiamento e impulso de proxectos, networking e difusión. Ademais das actividades de Bioga, a asemblea tamén analizou os proxectos que se impulsarán a curto prazo e nos que o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida será o representante clave do tecido industrial biotech. 

Entre estes proxectos figuran a incubadora de alta tecnoloxía BioIncubatech, o Biopolo de Innovación Empresarial que se situará no compostelán polígono empresarial da Sionlla e o Hub de Innovación dixital DATAlife.

Comentarios