Carmen Santos: "Quen pide a miña dimisión, debería pedirlla a Pablo Iglesias"

A secretaria xeral de Podemos Galicia nega que a integración con En Marea sexa unha imposición de Madrid e deféndese das críticas do exsenador José García Buitrón
Carmen Santos, al inicio de la asamblea de Podemos en Compostela
photo_camera Carmen Santos, al inicio de la asamblea de Podemos en Compostela

A secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos, respondeu este sábado pola tarde ás declaracións realizadas polo exsenador de En Marea José García Buitrón, quen considera que a líder da formación morada na comunidade debería dimitir por levar á cidadanía e aos seus compañeiros de partido "ao bordo do precipicio". En declaracións aos medios antes de participar nunha asemblea para explicar aos integrantes de Podemos en Galicia o sucedido nas últimas horas —nas que se decidiu que, finalmente, a formación morada concorrerá conxuntamente con En Marea ás eleccións galegas baixo a fórmula do partido instrumental—, Santos asegurou que a dirección de Podemos en Galicia "sempre" traballou "coordinadamente" coa dirección nacional.

"Responsabilizar á secretaria xeral de algo que todo o tempo foi coordinado coa dirección estatal... Debería entón quen pide a miña dimisión pedirlla a Pablo Iglesias, a (Iñigo) Errejón e aos outros compañeiros da directiva", defendeu, tras ser preguntada sobre se sente desacreditada. Por iso, entende que as declaracións de Buitrón —quen considera que Santos debería dimitir e, ao mesmo tempo, destaca o papel de Pablo Iglesias para alcanzar finalmente un acordo con En Marea— non teñen "ningún sentido".

"A decisión foi coordinada porque había que tomala en extremis", subliñou Santos, quen asegurou que Iglesias defende que non se pode romper a unidade pola fórmula xurídica", xa que "non o perdoaría a cidadanía". "E desde aí tomar a decisión", revelou, para logo informar de que o líder de Podemos virá a Galicia para explicar a decisión tomada.

Comentarios