Dous choques triples en Meis e Curtis deixan catro feridos nunha tarde

Os sinistros tiveron lugar con apenas unha hora de diferenza: o primeiro, no municipio coruñés, ocorreu na N-634 e deixou un ferido leve; o segundo, na AG-41, tres afectados

Tres persoas resultaron feridas a última hora da tarde do domingo na AG-41 ao seu paso pola localidade pontevedresa de Meis, concretamente, no punto quilométrico 4.000.

No choque, rexistrado ao redor das 20.00 horas, víronse implicados tres coches.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil da localidade e de mantemento de estradas.

OUTRO SINISTRO. Ademais, en Curtis tiña lugar apenas unha hora antes outro accidente entre outros tres vehículos, concretamente, na N-634 á altura do lugar de Espiñeira. Neste alcance, só unha persoa resultou ferida e de carácter leve, aínda que o contratempo obrigou a mobilizar efectivos de urxencia.

Comentarios