O Chicle, condenado a prisión permanente revisable polo asasinato de Diana Quer

Deberá además indemnizar con 130.000 euros a cada uno de los progenitores y con 40.000 a la hermana de la víctima
Juicio del Chicle
photo_camera O Chicle, no xuízo. PEPE FERRÍN

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou José Enrique Abuín Gey, O Chicle, á pena de prisión permanente revisable pola morte de Diana Quer e a dez anos de liberdade vixiada por cometer un delito de asasinato con aleivosía, cometido para ocultar outro delito e subseguinte a un delito contra a liberdade sexual da vítima, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión.

Tamén lle impuxo a prohibición de aproximarse aos pais e á irmá da vítima, aos seus domicilios, lugar de traballo ou calquera lugar no que se atopen, a unha distancia inferior a mil metros, así como a prohibición de comunicarse con eles por calquera medio durante a duración da pena e, en todo caso, desde o inicio de cumprimento da mesma e ata que transcorran dez anos desde a conclusión.

Ademais, condenouno, como autor responsable dun delito de detención ilegal e dun delito de agresión sexual, en concurso medial, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión, á pena de 4 anos de prisión e a cinco anos liberdade vixiada.

A Audiencia tamén lle impuxo o abono dunha indemnización de 130.000 euros a cada un dos proxenitores e de 40.000 á irmá da vítima, ademais de imporlle as costas de proceso xudicial.