Chicote destapa en Galicia a fraude da ameixa ilegal

O chef demostra como chega gran cantidade de marisco portugués sen controis ás depuradoras galegas

El patrón maior de la cofradía de Noia, con Chicote. LA SEXTA
photo_camera O patrón maior da confraría de Noia, con Chicote. A SEXTA

Alberto Chicote regresou a Galicia para destapar outra fraude no seu programa ¿Te lo vas a comer?. Neste caso céntrase no negocio da ameixa ilegal, un marisco que moitas veces se vende como galego a pesar de que é recollido e transportado de formar irregular desde Portugal.

O chef acudiu a Redondela e Vigo para comprobar como era o traballo das mariscadoras e explicar que o quilo de ameixa galega pode chegar ata os 14 euros mentres que o da portuguesa véndese a tres.

Chicote tamén participou nunha operación de Gardacostas na que se interviñeron 3.000 quilos de ameixa ilegal nun camión que tiña como destino as depuradoras galegas. O intermediario xustifícase: " Vale menos da metade. Eu véndoo como portugués, se despois o restaurante o vende como galego, non é o meu problema". Precisamente este mércores foi interceptada máis de media toneladas de ameixa ilegal a AP-9.

Chicote tamén acompañou á Policía Martíma de Portugal nunha macrooperación contra o tráfico ilegal de marisco. Nela déixase constancia de que o produto se recolle en zonas contaminadas do Tajo e se introduce en España con documentación falsa. Ademais, as imaxes demostran a falta de controis no proceso: as ameixas, sen ir máis lonxe, estaban apiladas en almacéns.

Finalmente, as cámaras de ¿Te lo vas a comer? gravan o elo máis débil da cadea. E é que os traballadores que normalmente recollen o produto ilegal en Portugal son asiáticos ou de Europa do Leste.

Comentarios