Colapso de tráfico na AP-9 desde Vigo por un accidente

Un dos viarios colapsados na mañá deste venres. DXT

O suceso provocou retencións quilométricas á primeira hora da mañá deste venres

Unha colisión por alcance entre dous turismos no túnel da Madroa provocou na mañá deste venres grandes retencións na autoestrada AP-9, ao momento de que a Policía chegou a cortar os accesos á mesma desde Vigo.

Segundo as primeiras informacións, no sinistro non se rexistraron danos persoais.

O accidente produciuse ás 7.45 horas e a partir de aí formáronse retencións quilométricas que interromperon o tráfico.

A situación quedou normalizada sobre as 9.20 horas, segundo informaron a Efe fontes da Garda Civil de Tráfico.