O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou este luns que permitir que se reúnan máis de dúas unidades familiares durante as comidas e ceas de Nadal suporá "elevar o risco" ante a pandemia da covid-19.
A preguntas dos xornalistas en Pontevedra, García Comesaña explicou que Galicia publicará a próxima semana un documento "específico" que recollerá as recomendacións das autoridades galegas para as datas do Nadal.
A "mellor solución" para reducir o risco de contagios, defendeu o titular da sanidade galega, é que en Noiteboa e Noitevella "só reúnase unha unidade familiar".
"Como moito que sexan dous", engadiu Julio García Comesaña, que asegurou que "todo o que sexa máis que iso", suporá maior perigo de contaxio do coronavirus.
Desde Sanidade, reiterou o conselleiro, "recomendamos que ese risco non se aumente".