O Concello de Oia crea unha concellaría da Felicidade

Cristina Correa, alcaldesa de Oia. CONCELLO DE OIA

O grupo 'popular' ten como obxectivo mellorar o benestar dos habitantes do municipio

Levar as contas ao día, sacar adiante proxectos de infraestruturas ou conseguir investimentos son algunhas das principais preocupacións dos municipios galegos.

ás veces semella que o benestar do cidadán queda nun segundo plano e é por iso que desde o Concello de Oia propuxéronse crear unha innovadora concellaría da Felicidade.

Como apuntan desde Radio Galega, será primeiro concello galego en levar a cabo unha iniciativa deste tipo. 

O Partido Popular, que goberna no municipio, terá como obxectivo facer máis felices aos habitantes de Oia.