Dez anos e medio de cárcere para o responsable do crime de Petín

O irmán queda en liberdade por ser familiar directo a pesar de que lle axudou a encubrir o crime 

Los dos acusados del crimen en Petín. EFE
photo_camera Los dos acusados del crimen en Petín. EFE

A Audiencia provincial de Ourense condenou a dez anos e medio de prisión a Juan Carlos R.G. por un delito de homicidio e outro de tenencia ilícita de armas. Trátase do autor da morte do cidadán holandés Martin Verfondern, residente en Santoalla, o municipio ourensán de Petín, informaron este venres fontes xudiciais.

Tras o veredicto de culpabilidade emitido polo xurado o pasado 22 de xuño, a sala de maxistrados ratificou a culpabilidade de Juan Carlos como autor dun delito de homicidio coa atenuante de anomalía psíquica. A sentenza considera "válido e suficiente” o relato do xurado para determinar que Juan Carlos acabou coa vida de Verfondern cara ás 13:15 horas do 19 de xaneiro de 2010, cando este último estaba sentado no asento do condutor.

Juan "Carlos disparoulle un tiro polo portelo" porque "conducía como un tolo", a pesar de que non existen probas directas do impacto, e estimou probada a discapacidade que lle impide ter “pleno entendemento” aínda que sabe distinguir o ben do mal, segundo a sentenza.

O irmán de Juan Carlos, Julio R.G., quen confesou no xuízo que axudou a ocultar o cadáver de Verfondern para que non puidesen acusar á súa familia, quedará en liberdade porque ao tratarse do encubrimento dun familiar directo, iso exímelle de responsabilidade penal.

Juan Carlos deberá indemnizar á viúva, Margot Pool, con 50.000 euros e non poderá achegarse nin comunicarse con ela a menos de tres metros durante 11 anos e 5 meses, tras saír de prisión. 

A parella de holandeses chegou en 1997 a Santoalla en busca dun lugar tranquilo e, tras unha boa convivencia inicial cos veciños, a relación foise deteriorando e empezaron os problemas cando Verfondern quixo acceder aos beneficios dos montes comunais. 

Atormentado e infeliz polos conflitos coa familia de Juan Carlos, o home empezou a gravar aos seus veciños e incluso chegou a solicitar información sobre un seguro de vida, e en xaneiro do 2010, a súa esposa alertou á Garda Civil da súa desaparición de Verfondern.

A procura foi infrutuosa durante anos ata que en 2014 a Garda Civil avistou desde un helicóptero un coche escondido na maleza e descubriu a un centenar de metros o cadáver do cidadán holandés. 

Juan Carlos recoñeceu primeiro ante a Garda Civil e despois ante o Xulgado de instrución do Barco de Valdeorras ser o autor da agresión, pero despois cambiou a súa versión, e permanece detido desde o 29 de novembro do 2014.

Comentarios