Un condutor falece ao saírse da vía e caer por un desnivel de cinco metros en Arbo

El coche de conductor fallecido en Arbo tras caer por un terraplén. TVG

Os servizos médicos non puideron facer nada por salvar a súa vida

Un home de 69 anos faleceu a última hora do sábado no municipio de Arbo tras saírse da vía o turismo que conducía no lugar do Escampado, parroquia de Cabeiras.

Segundo informa o 112, o accidente produciuse ás 23:30 horas, cando o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da vía e caeu a unha leira a uns cinco metros de desnivel.

A situación na que quedou o turismo fixo pensar na posibilidade de que o condutor estivese atrapado, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ponteareas.

Con todo, cando chegaron ao lugar do accidente localizaron á vítima fose do vehículo e ao equipo médico practicando a reanimación. Finalmente, nada puideron facer por salvar a vida do condutor.

LIBERADO UN CONDUTOR EN SOBRADO. Non foi o único accidente rexistrado en Galicia durante a madrugada. En Sobrado, na provincia da Coruña, tiveron que intervir os membros do GES de Curtis, que, xunto cos Bombeiros de Arzúa, liberaron a un condutor dun turismo atrapado logo de chocar cun camión na DP-8001, ao paso pola parroquia de Grixalba.