Un condutor fere de gravidade a un peón en Santiago e dáse á fuga
25 de abril de 2018 (12:43 h.)
O home tivo que ser trasladado de urxencia a un centro hospitalario
Un peón resultou ferido grave ao ser atropelado por un turismo cuxo condutor se deu á fuga en Santiago, informa o 112.
O suceso ocorreu ás 23.00 horas do martes na avenida Rosalía de Castro, xunto á Alameda, cando o vehículo impactou coa vítima e continuou a marcha.
Persoal do 061-Urxencias Sanitarias acudiu ao momento e trasladou ao ferido en estado grave ao complexo hospitalario de referencia.