Continúan buscando por terra e mar ao mozo desaparecido en Camariñas

A forte ondada impide rastrexar a zona próxima ás rocas e a intervención dos mergulladores

Buscan a un pescador desaparecido en Camariñas.TVG
photo_camera Buscan ao pescador desaparecido en Camariñas. TVG

Unha operativo busca por mar e terra ao mozo desaparecido desde o pasado domingo en Camariñas, a pesar das dificultades causadas polo temporal na costa. 

En concreto, segundo confirmaron fontes de urxencias, efectivos de Protección Civil e voluntarios aproveitan a marea baixa, a partir das 15.00 horas, para rastrexar a pé a liña de costa na que se perdeu o rastro do mozo, nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte. 

Por mar, continúa os labores de procura a Salvamar Altair, de Salvamento Marítimo, mentres que non é posible aínda retomar os traballos na zona próxima ás rocas pola ondada. 

As ondas tamén impiden os labores aos mergulladores da Garda Civil, que interviñeron o luns. En principio, estaba previsto que retomasen a súa actividade este venres, aínda que se as condicións do mar non melloran, esta decisión podería aprazarse.