Controlado un incendio na Fonsagrada que arrasou 26 hectáreas de monte raso

Imaxe aérea do incendio de Bruicedo, na Fonsagrada. TWITTER (\BMarroxo)

O lume declarouse o domingo pola mañá na parroquia de Bruicedo

Un incendio forestal que se declarou ás oito da mañá do domingo na parroquia fonsagradina de Bruicedo arrasou unhas 26 hectáreas de monte raso ata que foi controlado na madrugada deste luns, segundo informou Medio Rural.

Un técnico, cinco axentes, 23 brigadas, nove autobombas, dúas pas e dez helicópteros traballaron durante todo o día na extinción, aínda que os medios aéreos tiveron que deixar de facelo á noitiña.

Na zona na que está localizado o incendio, nas próximidades dos núcleos de Pastoriza e Pedrafitelas, non hai vivendas polo que non preocupa que haxa que realizar evacuacións.

Os servizos de urxencias estaban preparados, con todo, para que no caso de que as chamas non se detivesen nunha devasa próxima, cortar un tramo do Camiño Primitivo, polo que os peregrinos serían desviados cara á estrada.