jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO

Convocada para o 8 e 9 de febreiro a Ope do Sergas con 277 prazas

Participantes nas oposicións de enfermaría en Silleda en 2019. PATRICIA FIGUEIRAS
Participantes nas oposicións de enfermaría en Silleda en 2019. PATRICIA FIGUEIRAS
Son nas categorías de Enfermería especialista, Fisioterapia e persoal de servizos xerais

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixou para o 8 e 9 de febreiro a Oferta Pública de Emprego (Ope) con 277 prazas de varias categorías de Enfermería especialista, Fisioterapia e persoal de servizos xerais. 

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, trátase das probas para o acceso a 126 prazas de persoal de servizos xerais, 30 da categoría de Enfermería Familiar e Comunitaria, 18 de Enfermería Pediátrica, dúas de Enfermería do Traballo, 30 de Enfermería especialista en saúde mental e 71 de Fisioterapia. 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves o lugar, data e hora da fase de oposición dos procesos selectivos correspondentes á convocatoria de 2019, que se celebrará a fin de semana do 8 e 9 de febreiro no recinto feiral de Silleda. 

O Sergas destaca que no caso das categorías de Enfermería Familiar e Comunitaria, Enfermería Pediátrica e Enfermería do Traballo trátase "do primeiro proceso selectivo" convocado polo Servizo Galego de Saúde para estas especialidades. 

En total neste proceso foron admitidas 9.276 persoas das cales 7.530 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais; 191, á de Enfermería Familiar e Comunitaria; 187, á de Enfermería Pediátrica; 54, a Enfermería do Traballo; 133, a Enfermería especialista en saúde mental; e 1.181, a fisioterapeuta. 

En concreto, o sábado 8 de febreiro en xornada de tarde examinaranse os aspirantes das categorías de persoal de servizos xerais, Enfermería Pediátrica e Enfermería Familiar e Comunitaria. 

Mentres, o domingo 9 en xornada de mañá será a quenda dos aspirantes das categorías de Enfermería do traballo, Enfermería de saúde mental e fisioterapeuta.

Convocada para o 8 e 9 de febreiro a Ope do Sergas con 277 prazas
Comentarios