Galicia mostra a súa repulsa polos atentados

Varias administracións galegas, como o Parlamento ou o Valedor do Pobo, trasladan a súa solidariedade ao pobo francés

Distintas administracións galegas sumáronse este luns ás mostras de repulsa polos atentados de París do pasado venres e trasladaron a súa solidariedade co pobo francés.

No Parlamento de Galicia, os deputados autonómicos tamén gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos ataques, á vez que mostraron a súa solidariedade co pobo francés. A concentración de repulsa tivo lugar na escaleira exterior do Pazo do Hórreo e nela participaron deputados e persoal da Cámara e do Valedor do Pobo.

Tamén se gardaron minutos de silencio ante a sede da Delegación do Goberno na Coruña, á que asistiu o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; ante os edificios centrais da Xunta en Santiago e en numerosos concellos da comunidade.