sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

O CSIF denuncia que tres funcionarios foron agredidos por un preso en Teixeiro

Cárcel de Teixeiro. AEP
Cárcere de Teixeiro.AEP

O atacante estaba a ser trasladado ao departamento de Ingresos do cárcere por motivos de seguridade

O sindicato CSIF denunciou que tres funcionarios do Centro Penal de Teixeiro resultaron feridos como consecuencia da agresión dun interno que se puxo violento cando era trasladado por motivos de seguridade ao departamento de Ingresos do cárcere.

Segundo informou o sindicato, o suceso produciuse o pasado martes 17 de xullo. O interno, mentres era conducido ao módulo de ingresos, empuxou violentamente contra a porta a un dos funcionarios que o custodiaba, causándolle danos nas costelas, e comezou a dar patadas e golpes a outro vixiante.

Esa reacción obrigou a intervir a máis efectivos para reducir ao preso, o que terminou con varios funcionarios feridos, dous dos cales se atopan agora de baixa.

A xuízo do sindicato, este episodio reflexa a brutalidade que se padece dentro das prisións e deixa ao descuberto a inseguridade e a agresividade que sofren os profesionais penais no desenvolvemento das súas funcións. 

O CSIF denuncia que tres funcionarios foron agredidos por un preso...
comentarios